Sesión de habilidades motrices básicas




SESIÓN DE HABILIDADES MOTRICES BÁSICAS


OBXECTIVO PRINCIPAL:
  • Mellorar as habilidades motrices: Desprazamentos (reptar, correr, andar) e saltos, para a posterior aprendizaxe de accións técnicas máis complexas.

OBXECTIVOS SECUNDARIOS:
  • Mellorar as capacidades físicas: Resistencia, forza e velocidade.
  • Mellorar a coordinación dinámica xeral e o equilibrio dinámico.


MATERIAL:
10 conos, 4 pelotas, 2 bancos suecos, 1 mesa, 2 colchonetas, 8 mini vallas, 10 aros, 15 cordas.


GRUPO:
30 nenos/as de 8-9 anos


INSTALACIÓN:
Polideportivo ou pistas exteriores

METODOLOXÍA:
Asignación de tarefas e mando directo


TEMPO:
40´

QUECEMENTO

TEMPO


10´




DESCRICIÓN

-Quecemento estático (5 minutos):

-          Movilidade articular

·         Circunducción de cabeza.
·         Elevacións de ombro laterais.
·         Elevacións de ombro frontais alternativo.
·         Rotacións de cadeira.
·         Inclinacións de tronco laterais.
·         Círculos con xeonllos nos dous sentidos.
·         Círculos con nocellos.

-          Estiramentos

  • Extensión de tríceps.
  • Extensión de brazos arriba.
  • Cuádriceps, pernas flexionadas atrás.
  • Cadeira e ingles, con perna estirada atrás e apoio sobre a outra.
  • Flexión de tronco a tocar con mans no chan.
  • Flexión de tronco a tocar con mans sobre os nocellos.
  • Extensión de cuádriceps sentado sobre talóns.
  • Sentado, perna flexionada e a outra extendida, a tocar nocello coas mans.
  • Tumbado, xeonllos ao peito.

-Quecemento dinámico (5 minutos):

 En esta parte do quecemento iremos camiñando mentres realizamos os exercicios.

  • Skipping adiante.
  • Skipping atrás.
  • Carreiras laterais.
  • Cada 3 pasos zancada.
  • Cada 3 pasos sentadilla
  • Cada 3 pasos, agacharémonos a tocar o chan con mans alternativas.
  • Elevar xeonllos ao peito
  • Camiñar sobre puntillas
  • Camiñar sobre talóns.
  • Correr con pasos cortos cará adiante.
  • Correr con pasos cortos cará atrás.
  • Correr pasos cortos laterais a ambos lados.
  • Saltos cortos arriba estirando brazos
  • Saltos largos pes xuntos
  • Progresións.



OBXECTIVO: Preparar o organismo e as articulacións para o posterior traballo.

MATERIAL: Sen material.

ORGANIZACIÓN: Traballo individual en gran grupo.

PARTE PRINCIPAL

TEMPO





25´









DESCRICIÓN

  • CIRCUÍTO (15 minutos)

O circuíto a realizar será o que vemos na imaxe de arriba, onde pasaremos por nove estacións de distintas maneiras:

  1. Dúas voltas pasando os obstáculos da maneira que a eles se lles ocorra.
  2. Dúas voltas realizando zigzag entre os conos, pasando as mini vallas correndo, andar co balón  entre as pernas ata a distancia marcada para logo pasarllo a seguinte persoa, rodando polas conchonetas, andando por riba das cordas, andando por riba dos bancos, pasando os aros correndo, reptando por debaixo da mesa, e chegar ao final utilizando catro apoios.
  3. Dúas voltas igual que a anterior coas seguintes modificacións:
-saltar as mini vallas e os aros a pes xuntos
  1. Dúas voltas igual que a anterior coas seguintes modificacións:
- pasar por riba da corda cara atrás e realizar o último tramo a spint.
  1. Dúas voltas igual que a anterior  coas seguintes modificacións:
- Pasar pola corda cara adiante cos ollos pechados, e pasar por debaixo da mesa cos ollos pechados.
  1. Unha pasada igual que a anterior pero cos ollas abertos e a man da persoa do lado.

  • SALTA E CORRE (5 minutos)

Distribuiremos o material utilizado no circuíto, por metade do pavillón ou da pista, e tratarase de que os participantes  salten os diversos obstáculos ata a sinal do técnico, que dirá un obxecto, o cal Terán que ir a tocar correndo.
A primeira persoa que chegue a ese obxecto será o encargado de designar o seguinte, a modo de pequena recompensa.

  • RELEVOS POR PARELLAS (5 minutos)

Dividirase o grupo en pequenos grupos e dentro destes colocaranse por parellas, para facer unhas pequenas carreiras de relevos (competitivas ou non dependendo da situación), onde as parellas irán atadas polos nocellos.
  1. Primeiro non poderán dar saltos.
  2. Logo irán a pata coxa.
  3. Irán a pata coxa coa outra perna.


OBXECTIVO:

-Mellora de habilidades motrices: desprazamentos e saltos.
-Mellora da coordinación dinámica xeral e o equilibrio dinámico.
-Mellora da resistencia, a forza e a velocidade.
-Promover a colaboración.



MATERIAL:

-Circuíto:10 conos, 2 pelotas, 2 bancos suecos, 8 mini vallas, 10 aros, 1 mesa, 2 colchonetas, 2cordas.
-Salta e corre: O mesmo material que no circuíto.
-Relevos por parellas: 15 cordas.

ORGANIZACIÓN:

- Circuíto: 2 filas de uns 15 nenos/as, que iran saíndo progresivamente.
-Salta e corre: Realizarase individualmente en metade do pavillón ou pista.
-Relevos por parellas: 3 ou 4 grupos, e dentro dos grupos formaranse parellas.

VOLTA A CALMA

TIEMPO




DESCRICIÓN


       1.    PASANDO AROS

Con todo o grupo formando un círculo e agarrados das mans, tratarase de pasar o corpo por dentro dun aro, pasándollo así a outro compañeiro que fará o mesmo, sen soltarse das mans.
Iranse engadindo aros progresivamente, e para rematar faranse unhas pequenas competicións de paso de aro.

     2.    ESTIRAMENTOS MUSCULARES

Faranse uns estiramentos dos principais grupos musculares, incidindo sobre todo no tren inferior, xa que foi o que máis traballou, nos saltos e desprazamentos.


OBXECTIVO:

-Volver o metabolismo ao estado orixinario.
-Estirar a musculatura principal, e relaxar corpo e mente.

MATERIAL:

-Pasando aros: 5 aros
-Estiramentos musculares: sen material.

ORGANIZACIÓN:

-Pasando aros: en círculo agarrados das mans.
-Estiramentos musculares: Individualmente.

No hay comentarios:

Publicar un comentario